Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Blake, Quentin

Míster Magnolia

?Míster Magnolia? é un clásico de Quentin Blake publicado
en 1980 e galardoado con importantes premios; un relato rimado cuxo protagonista é un simpático personaxe co que os lectores poden enumerar, do 1 ao 10, distintos elementos que o rodean.
De ton alegre e contaxioso, a historia de Míster Magnolia destaca polo humor e a sucesión de disparatadas anécdotas que ocorren, entre as que -a modo de retrouso- se repite a ausencia dunha bota
nun dos seus pés. Todo cambia coa chegada, por sorpresa,
dun paquete envolto en papel de agasallo?
Polo seu ritmo acumulativo, a repetición de estruturas narrativas
e o carácter descritivo das ilustracións, ?Míster Magnolia?
é un álbum ideal para practicar a lectura en voz alta, facilitando
a participación do público. As imaxes resaltan sobre un fondo branco e chaman a atención polo seu variado e intenso colorido,
a profusión de detalles, e os trazos imperfectos que enfatizan
a expresividade e o dinamismo de cada escena.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 36 |
  • Dimensións: 220x285 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: BALLESTEROS, XOSÉ |
  • Ilustración: Blake, Quentin |
  • ISBN: 978-84-8464-250-3 |