Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Holmelund, Else

A visita de Osiño

?A visita de Osiño? narra o día no que o pequeno protagonista
desta serie vai ver a Avoa e Avó Oso, con quen goza moito escoitando as súas historias. O ton coloquial e a espontaneidade
dos diálogos, a inocencia e os bos modais por parte de Osiño,
xunto coa complicidade dos avós, son aspectos esenciais no texto, que transmite ternura e empatía.
Os contos que Avoa e Avó Oso lle contan a Osiño preséntanse como relatos independentes, que se suman ao capítulo
de introdución e ao simpático desenlace da visita. A habilidade narrativa de Else Holmelund Minarik permite facer unha lectura global do libro, no que se plantexan cuestións como a liberdade
ou a superación dos medos, ademais de poñer en valor a relación entre avós e netos, o diálogo mutuo e a transmisión
de coñecementos e de afectos.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 64 |
  • Dimensións: 150x230 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: SENRA, SANDRA; SENRA, ÓSCAR |
  • Ilustración: Sendak, Maurice |
  • ISBN: 978-84-8464-874-1 |