Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Labranha, Antom

O universo matemático

Este libro desenvolve un amplo abano de contidos matemáticos seleccionados a partir daqueles que conforman os currículos do bacharelato, intentando poñer de manifesto cales son os seus fundamentos, o porqué da súa pertinencia, que rol desempeñan na ciencia e na cultura, que procesos conduciron á súa creación e como evolucionaron.
Adóptase unha perspectiva construtiva e contextualizada, cun teor narrativo: a carreira de Aquiles e a tartaruga, o voo de Ícaro, o enigmático número pi, un enredo na compra de entradas, apostas nunha lancha de Marín, á procura dos átomos, anelando paxaros, as ondas sonoras, paseando por Monforte, chegarmos á simplicidade a través da complexidade, doazón de órganos, no niño do paxaro carboeiro, matriculando coches?
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 168 |
  • Dimensións: 165x240 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-132-7 |