
Dispoñible en 7/15 días
Bolxeviques 1917-2017
Este libro pretende ser a contribución galega para esa necesaria revisión; unha maneira de participar neste territorio da Galiza na voráxine, se non daqueles acontecementos, si da reflexión sobre o seu impacto histórico e ideolóxico. Bolxevismo e bolxevismo na Galiza.
Xerais e Através ofrecen xuntas un único libro en dous volumes de contidos diferentes, coordinado por Teresa Moure, marcando unha vía de confluencia e de inspiración para a convivencia das tradicións políticas e ortográficas de quen defende neste país a vitalidade da nosa lingua e do ensaio escrito nela.
Neste volume publicado por Xerais inclúense os traballos de Justo Beramendi, Xosé Manuel Carril, Oriana Méndez, Víctor Santidrián, Xoán Carlos Garrido, Julio Prada, Uxío-Breogán Diéguez, Francisco Rodríguez, Anxo Angueira, Antón Dobao, Natalia Poncela, Xosé Manuel Outeiriño e Rebeca Baceiredo.
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 192 |
- Dimensións: 170x240 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9121-136-5 |