De Toro, Suso

Humildar

Este libro naceu da envexa e das soidades de quen perdeu a relixión. Da falta da palabra sagrada e do ritual, da falta da linguaxe. Naceu de quen sabe que o oficio de escribir lle deu confianza no poder das palabras. Fiando nese poder máxico, Suso de Toro ofrece a posibilidade de ordenar as nosas vidas e vivir ritualmente os momentos necesarios, dándolles así sentido e transcendencia: o nacemento, o nome que levamos, a despedida de quen marcha, o casamento, os coidados, os lugares especiais... Estar orfos dun deus obríganos a procurarmos a maxia e o divino necesarios para unha vida ser vivida. Humildar é unha procura.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 48 |
  • Dimensións: 130x205 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-193-8 |