Ela, maldita alma
Neste libro de relatos reencontrámonos co escritor que emocionou a tantos lectores con títulos como O lapis do carpinteiro e Que me queres, amor?, este último galardoado co Premio Torrente Ballester e co Premio Nacional de Literatura de 1996. A mirada de Rivas sobre a vida, o mundo e os seres humanos segue a distinguirse por esa distancia compasiva e benhumorada, comprensiva e solidaria que, porén, non elude nunca a realidade do mal. Ese mal que xamais triunfa por completo porque sempre haberá un paxaro que cante, unha bolboreta que voe ou un neno que diga a palabra inocente e redentora... En Ela, maldita alma está o mellor Manuel Rivas.
- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 164 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9865-363-2 |