Actualmente non dispoñible

Santiago, Vanesa

A vida sinxela de Marcelo Firmamento

PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2017
Esta obra estaba destinada a ser especial dende o seu nacemento, dende que as ondas mariñas tocaron o seu berce. A novela trasládanos á vila mariñeira de Sada nos anos corenta, alí escoitamos as historias do vello Rederrota, sentimos a dor do desamor, a interrogante ausencia dun pai e a irracional esperanza da nai, que levará a Marcelo Firmamento a percorrer o mundo en grandes buques e a descubrir misterios dos que remata por ser parte. E a balea... ai, a balea!
Ao lado de Marcelo Firmamento viaxamos de océano en océano tras a pista dun pai que non coñece e descubrimos un pobo, o galego, espallado polos cinco continente. A fantasía e a realidade mestúranse nun universo onde as quimeras, mesmo a da liberdade, cobran vida e poden resucitar, igual que o Taramanco.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Ano: 2017 |
  • Páxinas: 200 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9151-068-0 |