Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Felpeto Lagoa, Matilde

Cociña galega tradicional

As receitas recollidas en "Cociña galega tradicional" pertencen ao legado culinario de Galicia. En cada caso relátase a historia do ingrediente principal do prato e as distintas maneiras de preparalo. Neste libro descríbese a elaboración da receita máis tradicional, pero tamén como foi concibida polos cociñeiros clásicos e a súa evolución ata a actualidade. Analízase a presenza das receitas nas obras dos escritores gastronómicos galegos, testemuñas fundamentais para coñecer a historia da nosa cociña, así como a opinión de ilustres gourmets sobre os pratos máis representativos da cociña galega.
Preséntanse agrupadas seguindo a orde clásica de servizo na mesa: caldos e sopas, empanadas, vexetais, peixes e mariscos, carnes e sobremesas.
Complétanse as receitas cunha información sobre produtos galegos de calidade: o pan, os queixos, os viños, as cervexas, as augas, os licores, as conservas e o mel.
En "Cociña galega tradicional", a autora rebusca na súa memoria gastronómica para rememorar a cociña e as receitas da súa vida. Na narración conflúen a historia, a cultura e o pracer coa intención de que, despois de ler as receitas aquí descritas, os lectores reflexionen e miren dun xeito diferente o prato que van degustar.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 416 |
  • Dimensións: 170x240 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-263-8 |