Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Lorenzo Tomé, Xosé

Alma

Alma, obra na colección Baía Narrativa do profesor, filósofo, ensaísta e novelista José Lorenzo Tomé, centra a súa historia na xeración beat, na xeeración europea que sufriu guerras e posguerras española e europea, na persecución dos nazis, dos xudeus e xudías, da contribución de Galiza por medio das irmás ribadavienses Touza, na colaboración cos servizos secretos para salvaren ao pobo xudeu dos campamentos de exterminio e propiciaren a súa fuxida a Portugal, África ou América, presentado de forma singular polo pensador Walter Bejamin.
Unha obra poliédrica na que conflúen o ensaio, o diálogo e diversos xéneros literarios, postos ao servizo de resolver unha trama que percorre a obra e que procura poñer en valor o pensamento non abondo coñecido de Bejamin.
Unha obra poliédrica na que conflúen o ensaio, o diálogo e diversos xéneros literarios, postos ao servizo de resolver unha trama que percorre a obra e que procura poñer en valor o pensamento non abondo coñecido de Bejamin. As irmás Touza son unhas figuras de recoñecido prestixio entre o pobo xudeu sendo consideradas mesmo como heroínas polo Estado israelí, documentadas por Antón Patiño na súa novela A memoria de ferro. Na actualidade, infórmase por diversos medios que Hollyvood está preparando unha película (musical) sobre o seu papel para liberar do holocausto a máis de 500 persoas.
  • Editorial: Baía edicións |
  • Páxinas: 208 |
  • Dimensións: 210x143 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9995-221-5 |