Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Meirieu, Philippe

Carta a un profesor mozo

Philippe Meirieu é unha das personalidades máis destacadas
da actualidade en Francia no campo das Ciencias da Educación.
Recoñecido polos seus textos e intervencións públicas en favor
dunha visión progresista da escola e da educación, nesta ?Carta
a un profesor mozo? reflexiona sobre o oficio dos profesores
na actual sociedade e aborda cuestións da formación deste gremio
nas súas diversas vertentes: deontoloxía, ética, desenvolvemento
cultural e didáctico, claves cidadás...
Redactouna en 2005, recén chegado ao cargo de director
do Instituto Universitario de Formation de Maîtres de Lyon.
Trátase dun ensaio para o profesorado máis novo con indicacións
que van dende a acción docente entendida como parte
de proxectos conxuntos a escala de centros, ata a existencia
de proxectos de centro enfocados ao alumnado, pasando
pola convición de que a educación debe ser inclusiva,
consideracións sobre as avaliacións, a necesidade de traballar
con esixencia, ou o funcionamento das escolas como institucións
abertas á cidadanía.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 144 |
  • Dimensións: 150x215 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Harguindey, Henrique |
  • ISBN: 978-84-8464-327-2 |