Desde o luns 11 de maio reabrimos as portas da Libraría sen necesidade de cita previa. Horarios e máis info aquí.

RIVEIRO COELLO, ANTON

Á sombra dos bonsais

Non sempre as grandes historias precisan de moitas palabras. Velaquí o punto de partida desta nova achega narrativa de Antón Riveiro Coello, que propón un xogo literaria para contarnos o mundo con textos cada vez máis miúdos. Nesta disposición en árbore, coas pólas baixas máis grandes cás do cumio, os relatos vanse reducindo en extensión pero non en intensidade. Ese é un dos maiores engados do libro, a eficacia coa que o autor da Limia elabora historias enormes coa suxestión de textos a cada volta máis pequenos. Esa capacidade de concentración expresiva dos relatos, que xa nacen no título, remata case sempre con finais que provocan en quen le un sorriso, ou un abraio. Orixinalidade, concisión e un pulso coa narrativa curta que anima a ler o libro duna sentada.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 212 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9151-073-4 |