Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Lorenzo Tomé, José

O silencio dos deuses

En tempos do ascenso imparable das tecnoloxías da comunicación, nas que, fronte as súas vantaxes, descubrimos a coroza en que nos pechan empobrecéndonos e empobrecendo o mundo, reparar nas calidades da conversa, quizais nos permita encontrar algo no outro que aínda non atopamos na nosa experiencia do mundo.



Neste libro dialogan filósofos e narradores -rompendo o silencio dos deuses- sobre a condición finita e vulnerable dos homes. Con linguaxes diferentes, Homero, Sófocles, Voltaire, Cunqueiro e Conrad, pero tamén Kant, Aristóteles e Habermas,... e todos baixo a convicción de que a palabra só encontra confirmación pola recepción e aceptación do interlocutor, ofrecéndonos un cadro do universo humano en que Odiseo, o rei Arturo, Morgan le Fay, Huckleberry Finn, Lord Jim, Bagadouro e Tom Bombadil, entre outros, son os seus protagonistas.
  • Editorial: Baía edicións |
  • Páxinas: 128 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-92630-04-2 |