Crónica de nós
Hogano a nosa cidade estoupa en cachos; cen barricadas cortan cada serán o trafego insoportábel; fogueiras, lumeiras, fachos de luz e moxenas ao vento coma confeti de desespranza (Galicia, desespranza, Cribeiro) mostran a cara dunha patria de cada vez máis contra o fondal de si, procurando cega avante; e velos están aí eles, os obreiros, conmovendo as rúas co seu esgutío de vermello e sombra porque é mil novecentos setenta e oito, aínda que ti non queiras e non ames a faciana proletaria do futuro, patriota de merda.
- Editorial: Xerais |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 144 |
- Dimensións: 145x221 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9782-246-6 |