
Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
Ultramarino
A poesía de Castro Yáñez achégalle ás novas xeracións de poetas galegos un verso escintilante e limpo, desafiante e poderoso. Deuse a coñecer no 2015 con O vello e o minotauro, un relato que lle valeu o Premio Nélida Piñón. Logo, revelouse como poeta de palabra expansiva en Os nomes e os himnos, co que gañou o Premio Pérez Parallé. A súa obra, incluída en 13. Antoloxía da poesía galega próxima volume coeditado por Chan da Pólvora e Papeles Mínimos que se converteu no expositor para os lectores en castelán da nova poesía galega debúxase no vértice dos ollos cunha mirada profunda e prolóngase en recitais onde o poeta encontra alianzas entre o poema obxectual e a voz emitida desde os residuos da memoria.
- Editorial: Chan da polvora |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-947698-4-9 |