Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Queneau, Raymond

Exercicios de estilo

Nos Exercicios de estilo, que verqueron para o galego os prestixiosos traductores Henrique Harguindey e Xosé Manuel Pazos, o autor pon sobre a escena todo un coro de personaxes que interpreta, a modo de composición musical, a mesma corta anécdota contada de 99 maneiras distintas. Rexistros idiomáticos, xéneros literarios, xogos de palabras, situacións persoais, perspectivas narrativas, recursos estilísticos, niveis sociais e outros diferentes enfoques mestúranse e organízanse nunha obra que sería errado considerar coma unha simple proeza lingüística, unha pura demitificación literaria ou un mero virtuosismo compositivo. En palabras do traductor, Henrique Harguindey: Estando presentes a creación verbal, a enxeñería matemática, o retrato social, o distanciamento expositivo e tantos outros ingredientes, o conxunto forma unha obra superior, que ten como resultado o que autor queria conseguir: " desincrutar a literatura das súas diferentes ferruxes, das súas costras, desincrustar a literatura das cousas futíles que con frecuencia non vemos " . A través destes Exercicios de estilo, Quenau destripa a linguaxe para examinar o seu funcionamento desarticulando e articulando as súas pezas. E sobre todo, xoga e ri. Porque quere poñer de manifesto que a linguaxe é unha fonte de pracer. Que a lingua, á par doutras funcións, ten tamén unha función lúdica.
  • Editorial: Xerais |
  • Ano: 2015 |
  • Dimensións: 130x210 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Harguindey, Henrique; Pazos, Xosé Manuel |
  • ISBN: 978-84-7507-914-1 |