Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Kristof, Agota

O gran caderno

Nunha sucesión de escenas tranquilamente horribles, O gran caderno preséntanos sen enfeites, sen un chisco de sensiblería, unha fábula incisiva sobre as desgracias da guerra e do totalitarismo, máis tamén é unha auténtica novela de aprendizaxe dominada polo humor negro. Na gran vila que ocupan os exércitos estranxeiros, a vida tornou imposible. A seca ameaza. Así pois, unha nai conduce aos seus fillos ao campo, á casa da súa avoa. Terrible avoa: analfabeta, porca, avara, mala e mesmo asasina, dálles unha vida ben dura aos xemelgos. Lonxe de se deixar abater, estes aprenden sós as leis da vida, da escrita e da crueldade. Abandonados a si mesmos nun país preso pola guerra, privados do máis mínimo referente moral, dedícanse a anotar cada día, nun gran caderno, o balance dos seus progresos e a lista dos seus logros.
  • Editorial: Xerais |
  • Ano: 2015 |
  • Páxinas: 168 |
  • Dimensións: 112x175 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Rodríguez Marcuño, Marga |
  • ISBN: 978-84-8302-496-6 |