Horarios: luns a sábado de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

COSTAS, LEDICIA

Os arquivos secretos de Escarlatina

A que xogan os defuntos os xoves pola noite no mausoleo de Escarlatina? Lograría a cociñeira montar o seu propio restaurante? Quen goberna no Alén na actualidade? Quen foi o verdadeiro asasino de Amanito? Son moitas as preguntas que flotan no ar, entre as tumbas dos defuntos. " Os arquivos secretos de Escarlatina " é un libro para mentes curiosas. Unha obra onde a escritora e mais o ilustrador interactúan co público. Receitas terroríficas, un espectáculo de circo e diversos contidos extra reunidos nun volume pensado, ademais de para ler, para xogar e afondar no universo de Escarlatina, a cociñeira defunta.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 64 |
  • Dimensións: 200x275 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-309-3 |