Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Malvar, Aníbal C.

Unha noite con Carla

En palabras do autor con esta novela " pretendo facer unha reflexión sobre a reconstrucción dos feitos (verídicos ou imaxinados) en literatura e en xornalismo, así que partín dun caso posible de corrupción política para que un xornalista, Rodrigo Albán, nos contase a historia. El escribe un libro de encarga, un libro mercenario, sobre uns feitos acaecidos un ano antes e que remataron co suicido dun político de segunda fila no cárcere " . A novela, enmarcada no xénero negro, anque con variantes estilísticas que rompen coa convención obxectivista da prosa habitual neste tipo de literatura, é unha meditación sobre a inocencia, narrada cun estilo duro e directo, por momentos mesmo desapainoxado e cruel, no que destaca a aparición do diálogo como un dos recursos máis adecuados para aproximar ó lector a actualidade viva da materia novelada. A todas luces, unha obra moi recomendable.
  • Editorial: Xerais |
  • Ano: 2015 |
  • Dimensións: 130x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-7507-960-8 |