Novas, Lucía

Cervatos

A obsesión pola beleza do efémero, dos obxectos superfluos
e das atmosferas kitsch está na cerna deste volume. Compóñeno versos lanzados desde o lugar estético do videoclip e, por tanto, xenerosos en golpes de música e imaxes.
Son reflexo dun mundo urbano, nocturno e inhóspito.
Mais tamén o espello dunha realidade mutuamente contaxiada pola lentitude da aldea, porque a destas páxinas é unha voz poética híbrida, irmá da mestizaxe, filla das marxes e neta
da periferia.
  • Editorial: Faktoría K de Libros |
  • Páxinas: 96 |
  • Dimensións: 145x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-16721-15-3 |