O trapecista da malla de rombos
Con dez anos acabados de cumprir, Iupanki soña con converterse no trapecista principal do Circo de los Muchachos. Mais todo se volve na súa contra. Cando coñece a nación de Benposta, o país utópico onde reside a escola do circo e os nenos son quen gobernan, atópase con xente estraña que quere destruír o soño que axudaron a erguer cativos de diferentes partes do mundo. O neno Iupanki, aguilloado polo amor que comeza a sentir pola contorsionista Nuna, decide entón embarcarse na aventura de salvar o circo das gadoupas dos poderosos para asegurar que os artistas da malla de rombos poidan seguir levando a maxia do circo a todos os recunchos do planeta.
Baixo a mirada inocente e soñadora dun neno, " O trapecista da malla de rombos " rende homenaxe á utopía que se fixo realidade en Benposta, a cidade dos rapaces. Un proxecto nacido do compromiso e a ilusión, que pasou a formar parte da memoria colectiva de varias xeracións.

- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 216 |
- Dimensións: 140x215 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9121-302-4 |