Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Darriba, Manuel

Elefante

A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Relatos sobre mundos que integran un mundo poliédrico. Lugares que se resisten á escritura. As percepcións comparecen distorsionadas, fóra do refuxio da certeza. Manuel Darriba reivindica a etiqueta de «escritor transxénero». A súa narrativa está infiltrada de elementos poéticos. A súa poesía incorpora elementos narrativos. O autor segue a desenvolver un programa artístico propio, conducindo o discurso por camiños pouco explorados.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 104 |
  • Dimensións: 145x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-300-0 |