DISPOÑÍBEL EN 7/15 DÍAS

Roca, Paco

Engurras

O recoñecido debuxante Paco Roca (Valencia, 1969) consegue artellar en Engurras unha narración baseada na humanidade dos personaxes, de aí que poida interesar a lectores de calquera idade malia falar da dexeneración senil e do alzhéimer. Emilio, un antigo empregado da banca, é internado pola súa familia nunha residencia de anciáns e aos poucos vai aceptando ese novo domicilio, as súas regras e as rutinas diarias. Mais a súa memoria comeza a se borrar, por moito que tente contrarrestar ou agochar os efectos da enfermidade. Engurras conta con precisión e dende unha ollada intimista non exenta de dureza esa batalla contra a vellez, ata que as súas páxinas se volven totalmente brancas. Unha conmovedora historia, que mereceu o Premio Nacional de Cómic en 2008 e que conta xa con adaptación ao cinema.
  • Editorial: El Patito Editorial |
  • Ano: 2012 |
  • Páxinas: 116 |
  • Dimensións: 170x240 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Soto, Isabel |
  • Ilustración: Roca, Paco |
  • ISBN: 978-84-939434-0-0 |