Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Prado, Miguelanxo

Mar interior (bilingüe)

Mar interior recolle o catálogo da mostra antolóxica do mesmo título, comisariada por Fausto Isorna e exposta en Santiago de Compostela entre xullo e deciembro de 2014, así como ilustracións non expostas e un prólogo escrito especialmente para este libro por Miguelanxo Prado. Unha ocasión especial de desfrutar dunha retrospectiva na que se inclúen algunhas obras pouco coñecidas destinadas á cartelería, prensa, libros ou portadas de discos.
«Unha mostra retrospectiva sempre ten algo de álbum de fotos familiares. Un sabe ben o que vai ir aparecendo, os elos, grandes e pequenos, que foron conformando a cadea da obra propia, pero non conta coa sorpresa dos outros, por achegados que ás veces sexan, ante cousas que descoñecían ou tiñan esquecidas, por moito que para un mesmo estean perfectamente presentes e identificadas». MIGUELANXO PRADO, do prólogo de Mar interior.
  • Editorial: El Patito Editorial |
  • Ano: 2014 |
  • Páxinas: 104 |
  • Dimensións: 170x240 |
  • Idioma: Galego |
  • Ilustración: Prado, Miguelanxo |
  • ISBN: 978-84-942206-6-1 |