A interpretación (re)considerada
Elaborado por destacados especialistas dedicados á docencia e á investigación ou que se ocupan directamente da creación escénica, cada un dos textos presenta enfoques posibles tanto para o traballo do actor e da actriz como para a necesaria reflexión sobre esa praxe, mostrando múltiples vieiros cheos de posibilidades. Nas súas páxinas agroman teorías e propostas dos grandes mestres da interpretación, pero tamén achegas máis recentes, o que permite ofrecer unha sorte de estado da cuestión no inicio deste novo milenio. Phillip B. Zarrilli, coordinador e editor do volume, é un destacado actor e director de escena especialmente preocupado en tender pontes entre a escena occidental e as tradicións orientais. Como investigador é autor de numerosos ensaios e imparte docencia na Universidade de Exeter.
- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 404 |
- Dimensións: 200x240 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Vieites, Manuel F. |
- ISBN: 978-84-9865-300-7 |