Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

PENA PRESAS, MONTSE

A voz insurrecta. María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida

Escritora, profesora, conferenciante e impulsora de diferentes iniciativas culturais. María Victoria Moreno foi unha muller con facetas moi diversas e cunha capacidade sorprendente para adiantarse ao tempo que lle tocou vivir. Cun estilo áxil, que combina a investigación das fontes co relato biográfico e a análise da obra literaria. Montse Pena achéganos en A voz insurrecta unha biografía en que a vida da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018 queda reflectida tal cal era: chea de elementos cotiáns mais tamén coas reviravoltas propias dunha novela. A súa procedencia estremeña e a capacidade de asumir o galego como lingua propia, a entrega constante nas aulas e o compromiso adquirido coa literatura infantil e xuvenil galega, aínda incipiente cando comeza a escribir, trazan o singular perfil da muller comprometida que quería deixar ?un ronsel de amor, un bo exemplo e un libro que descubra algo a quen o lea?.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Ano: 2017 |
  • Páxinas: 180 |
  • Dimensións: 135x190 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9151-156-4 |