Escritos corsarios
Nos Scritti corsari, Pasolini amosa unha face de semiólogo do comportamento humano, de observador dos códigos culturais e, sobre todo, dos valores das culturas tradicionais que se están perdendo polo influxo dos mass-media que impoñen os alienantes modelos culturais do hedonismo consumista.
Pasolini atribúese o papel de semiólogo corsario que tenta describi-las novas xeracións que medraron baixo a sociedade de consumo. Os escritos corsarios deron de Pasolini unha imaxe de eterno combatente contra o universo fatal do consumismo e do pragmatismo neocapitalista, contra a aculturación xerada por un desenvolvemento sen progreso.

- Editorial: Positivas |
- Ano: 1993 |
- Páxinas: 120 |
- Dimensións: 210x130 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Manteiga, Silvia |
- ISBN: 978-84-87783-14-2 |