O anarquismo na Galiza
Pola súa especial idiosincrasia, o anarcosindicalismo non foi un movemento de líderes providenciais, senón máis ben unha corrente de masas artellada en torno a unha infinidade de militantes, sindicatos, grupos anarquistas e ateneos libertarios. Resultaría falaz resumir a traxectoria do anarcosindicalismo galego a través dun pequeno número de militantes ou organismos. Por iso, o sentido deste traballo é ofertar unha visión do que foi o anarquismo na Galiza a partir da colleita de información dun número significativo de individuos e colectividades que o protagonizaron.
Despois de pescudar na documentación máis diversa, consultar a prensa daqueles anos, e recuperar a memoria oral dalgúns dos seus protagonistas, quedamos cun número aproximado de cincocentas voces, que tentan recoller o máis representativo da historia do movemento libertario galego.

- Editorial: Positivas |
- Ano: 2004 |
- Páxinas: 292 |
- Dimensións: 135x205 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-87783-79-1 |