
Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
Street poems
Fran Alonso volve sorprender desde a poesía infantil e xuvenil, cunha ollada interdisciplinar, fundindo a frescura e a forza dos versos coa improvisación rebelde da " street art " . Este é un libro de poemas inconformistas, críticos, gamberros e combativos; disparos de graffiti que poderían ser escritos nos muros e rapeados con pintura nas paredes, seguindo a estela da arte na rúa, un libro que procura espazos de confluencia entre as artes plásticas e a poesía. Os poemas de " Street Poems " , volven mostrarnos un autor atrevido, capaz de actualizar e sacudir o lectorado de poesía infantil e xuvenil.
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 112 |
- Dimensións: 130x200 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9121-367-3 |