Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

A revolta dos indignados

«Somos persoas normais e correntes. Somos coma ti: xente que se ergue polas mañás para estudar, para
traballar ou para procurar traballo, xente que ten familia e amigos. Xente que traballa arreo todos os días
para vivir e darlles un futuro mellor aos que nos rodean. Uns considerámonos máis progresistas, outros
máis conservadores. Uns crentes, outros non. Uns temos ideoloxías ben definidas, outros considerámonos
apolíticos... Mais todos estamos preocupados e indignados polo panorama político, económico e social que
vemos ao noso arredor. Pola corrupción dos políticos, empresarios, banqueiros... Pola indefensión do
cidadán de a pé. Esta situación máncanos a todos acotío. Mais se todos nos xuntamos, podemos cambiala.
É moito hora de botarse a andar, hora de construír entre todos unha sociedade mellor.»
Trala publicación de "Indignádevos!", o manifesto mundialmente coñecido de Stéphane Hessel, a nova
entrega da colección Ágora de FAKTORÍA K é unha suma de artigos elaborados por analistas e pensadores
contemporáneos: "Democracia Real Xa!", de Carlos Taibo; "A revolta d@s indignad@s", de Josep María
Antentas e Esther Vivas; "Mellor ao revés", de Antoni Domènech, que reflexiona sobre a alternativa real ao
movemento do 15 de maio; "Democracia Real Xa!", de Iván Giménez Chueca, no que apunta conceptos
como open government e ciberactivismo; e "A Marsellesa na Puerta del Sol", de Juan Carlos Monedero.
Complétase cos seguintes anexos: o manifesto e as propostas do Movemento 15-M; un comunicado das
comunidades cristiás populares do Estado español; e o Manifesto Feminista de Sol.
  • Editorial: Faktoría K de Libros |
  • Páxinas: 80 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-15250-25-8 |