Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Astor Camino, Xulio | Iglesias Garrote, Xosé Luís

Guía das bolboretas de Galicia

Na Guía das bolboretas de Galicia estúdianse 132 especies de ropalóceros que constitúen a fauna lepidopterolóxica galega: o seu entorno, morfoloxia e anatomía, o seu ciclo biolóxico, costumes e lugar nos ecosistemas.

Proporciónase unha clave de especies de fácil manexo, acompañada do debuxo das súas xenitalias e de fotografías a toda cor, sempre a tamaño natural, que permiten unha mellor identificación de cada unha das bolboretas.

Descríbense os seus biotopos preferidos, a súa distribución en Galicia, o número de xeracións anuais, as características dos estados larvarios, as plantas nutricias das eirugas, o seu posible dimorfismo sexual e as diferencias coas especies semellantes.

Os autores, Xosé Luís Iglesias Garrote e Xulio Astor Camino, profesores de bioloxía e especialistas en ropalóceros, pertencen á Sociedade Hispano-Luso-Americana de Lepidopteroloxía (SHILAP). Esta guía é un instrumento útil para tódolos afeccionados á entomoloxía e para todas aquelas persoas que queiran mellor coñecer o mundo destes fermosos insectos.
  • Editorial: Xerais |
  • Páginas: 326 |
  • Dimensiones: 130x205 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-7507-605-8 |