Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Pouliquen, Xan

Horta ecolóxica na Galiza. Guía práctica para o cultivo

Este texto está pensando para Galiza desde o comezo até o final. O noso país ten condicións ecolóxicas particulares (tipo de solos, clima etc...), e tamén condicións sociais singulares (alén da cultura, organización social e demais, está o reparto das terras, ou o nivel de saber tradicional, por exemplo). De alí que a horta ecolóxica tamén terá as súas propias características.

O libro recolle informacións existentes sobre produción ecolóxica, e busca resaltar o que pode ser de utilidade para as hortas galegas. E viceversa: pretende recoller informacións sobre a produción da nosa horta para ver o que pode ser interesante na produción ecolóxica galega.

Trátase aquí da horta ecolóxica para autoconsumo, pero tamén se dan claves técnicas para explotacións agrarias que pretendan vivir desta produción.
  • Editorial: Baía edicións |
  • Páxinas: 192 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-96526-02-0 |