Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Díaz-Fierros Viqueira, Francisco

A cuestion ambiental en Galicia

Os problemas ecolóxicos e ambientais que afectan a todo o globo preocupan cada vez máis á sociedade, pero cada cultura reacciona ante eles dunha maneira diferente. Francisco Díaz-Fierros propón en A cuestión ambiental en Galicia un achegamento sobre os límites dos recursos naturais na sociedade galega; para iso centra o seu traballo nun período de tempo esencial, desde mediados do século XVIII, en que se acada un desenvolvemento tecnolóxico que altera considerablemente en en pouco tempo o medio natural, ata 1972,ano no que se celebra o cumio de Estocolmo. A natureza como recurso, a recepción do pensamento ecolóxico, o enfoque sanitario da problemática ambiental son os eixos ao redor dos cales se desenvolve este ensaio histórico no que se recollen os principais fitos que acabarán constituíndo as raíces e desenvolvemento dunha cultura moi presente na sociedade de hoxe.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 372 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8288-887-3 |