Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Ameixide, Puri

Claro de lúa

A comezos do século XIX, a vida transcorre lentamente na vila mariñeira da Guarda. Rosa, unha rapaza orfa e pobre, ve morrer a anciá señora á que coidaba e sente que todo o seu mundo se derruba. Un forasteiro, don Leandro, chega para facerse cargo da herdanza da muller e pouco a pouco aprenderá a valorar as bondades do lugar, das xentes e do tipo de vida que alí se lle ofrece, polo que decide quedar. Os traballos e os días, os amores e desamores, parecen dirixirse cara a un final feliz cando se produce a invasión francesa. O paso das tropas napoleónicas pola vila afectará as súas vidas para sempre.
" Claro de lúa " é unha homenaxe ás grandes novelas decimonónicas. Escrita cunha boa dose de amor e humor, nela escóitanse ecos de Jane Austen, Charlotte Brönte e Leon Tolstoi entre outros, arroupados polo piano da famosa sonata de Beethoven.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 472 |
  • Dimensións: 220x145 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-403-8 |