Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Lionni, Leo

Paso a paso

?Paso a paso?, un clásico de Leo Lionni de 1960, foi o seu primeiro libro de fábulas, protagonizado por unha astuta eiruga
que se enxeñou para non ser devorada por diversas aves.
As peripecias comezan cun paporrubio que sucumbe
ante a curiosidade de saber cantos pasos mide a súa cola.
Así é como este ocorrente insecto irá medindo o pescozo
do flamengo, o peteiro do tucano e outras partes non menos singulares na anatomía dos paxaros que van aparecendo
na historia. Ata que unha vez máis, en risco de ser engulido,
o verme volverá sacar partido da súa intelixencia e imaxinación
para saír airoso dun xeito que sorprenderá os lectores.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 32 |
  • Dimensións: 220x275 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: GONZÁLEZ (OLI), XOSÉ MANUEL |
  • ISBN: 978-84-8464-378-4 |