Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Cather, Willa

Unha muller perdida

Unha muller perdida, novela publicada orixinalmente en lingua inglesa no ano 1923, ten como protagonista a suxestiva Marian Forrester, que Willa Cather, gañadora dun premio Pulitzer, presenta a través da voz narrativa e da mirada fascinada e esperta de Niel Herbert dende cativo. A historia, enriquecida cun fato de personaxes perfilados con habelencia –como o capitán Forrester, o matrimonio Ogden ou o avogado Ivy Peters–, está ambientada en Sweet Water, unha localidade ficticia que, coma noutras obras de Cather, se enmarca nos tempos do gran desenvolvemento do Vello Oeste americano.

A prosa sinxela, nostálxica e evocadora da escritora permite penetrar nunha historia salientable en canto ao tratamento do paso do tempo ou á súa capacidade para transmitir a beleza e a decadencia dun estilo de vida refinado que esmorece de forma inexorable. Tamén, no que se refire a Niel Herbert, contén moitos dos trazos característicos da novela de formación, entre outros a decepción que a miúdo acompaña a entrada na madureza.
  • Editorial: Huguin e Munin |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-948805-6-8 |