Tres trebóns
Tres trebóns de Xurxo Souto reúne cinco relatos ("As fontes de Compostela", "A pesca do Mar-rau", "Aldea terremota", "A voda máis bonita do mundo" e "A marabilla de Barna") presididos todos eles polo sabor salgado do mar e polo ritmo cantareiro da música da repichoca. Para Fran Alonso, autor do limiar, "estas historias están cheas de repichocas, ese fabuloso berro ancestral impregnado de música e terra. Repichocas que teñen a forza dun aturuxo quente, dun arrouto de paixón, esa forza do ancestral que Xurxo Souto sabe empregar para revelarnos cal é o pulso dun país novo, distinto, fachendoso. As cousas que di chegan ao corazón. Xurxo Souto exerce o seu oficio literario con frescura, con orixinalidade, cun poderoso universo propio que constrúe asumindo o mellor da tradición, o mellor da oralidade, o mellor da lingua popular, o mellor do rexistro dos contadores de contos, o mellor dos alentos narrativos, fundindo a vida, a literatura, a música e a mitoloxía coma se fosen unha única cousa que desfolla e queima para que, na alquimia das súas cinzas, renazan estes relatos prodixiosos".
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 160 |
- Dimensións: 146x221 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9782-327-2 |