Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Redondo, Dolores

Todo isto che darei

Álvaro sofre un accidente na Ribeira Sacra que rematará coa súa vida. Cando Manuel, o seu home, chega a Galicia para recoñecer o cadáver, descobre que a investigación sobre o caso se pechou con demasiada rapidez. O rexeitamento da súa poderosa familia política, os Muñiz de Dávila, lévao a fuxir, mais reteno a alegación contra a impunidade que Nogueira, un garda civil xubilado, dirixe á familia de Álvaro, nobres arrolados nos seus privilexios, e a sospeita de que esa non é a primeira morte da súa contorna que se enmascarou como accidental. Lucas, un crego amigo da infancia de Álvaro, únese a Manuel e a Nogueira na reconstrución da vida secreta de quen crían coñecer ben.
A inagardada amizade destes tres homes sen ningunha afinidade aparente axuda a Manuel a navegar entre o amor por quen foi o seu home e o tormento de ter vivido de costas á realidade, blindado tras a fantasía do seu mundo de escritor. Empezará así a procura da verdade, nun lugar de fortes crenzas e arraigados costumes no que a lóxica nunca termina de atar todos os cabos.
Todo isto che darei é a novela galega de Dolores Redondo, a autora da memorable Triloxía do Val do Baztán. Un acontecemento para as nosas letras.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 696 |
  • Dimensións: 150x220 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Torres París, M. Dolores |
  • ISBN: 978-84-9121-152-5 |