Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Hernández, Daniel

Unha longa viaxe

Esta é a historia de dúas viaxes que transcorren paralelamente
e se entrelazan nesta obra repleta de sensibilidade e delicadeza:
unha gansa e a súa cría emprenden o traxecto migratorio cara
ás terras cálidas do sur, mentres que unha familia que habita
nun territorio en guerra emprende a fuxida cara ao norte.
O relato de ambas aventuras coincide en plasmar o temor
dos viaxeiros mozos fronte ao desafío, as inclemencias meteorolóxicas que frean o seu voo e os seus pasos, o encontro
con outros grupos nas respectivas rutas de tránsito, a escaseza
de alimentos, os depredadores e as mafias, o desánimo que agroma
polo cansazo en contraposición á confianza e á esperanza
que intentan infundir os adultos. E por fin, o maior reto: atravesar
o mar, o punto onde as traxectorias se cruzan, con destino desigual.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 48 |
  • Dimensións: 225x250 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: BALLESTEROS, XOSÉ |
  • ISBN: 978-84-8464-410-1 |