
Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
Contos de África
Contos de África é una escolma de narracións populares africanas, seleccionadas entre as infinitas que hai. Dalgunhas delas sabemos a procedencia local. Pero outras xa non teñen ligazón cunha orixe xeográfica ou cultural, están xa moi estendidas por todo o continente. É a narrativa popular panafricana. O estreito lazo coa natureza, a supremacía do ben común fronte ao interese individual, o sentido do sacro e a importancia da palabra e da oralidade como medio de transmisión cultural son os elos destas historias africanas. É una literatura para ler e oír ao mesmo tempo, e para comprobar que xa as coñeciamos, porque pode que nunca deixaramos de ser africanos.
- Editorial: Positivas |
- Páxinas: 180 |
- Dimensións: 210x130 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: SABATÉ, ONOFRE (1958- ) |
- ISBN: 978-84-939812-0-4 |