A cineasta catalá Meritxell Colell Aparicio é a autora do filme Con el viento. Aproveitando o encontro con ela, dentro do ciclo A cor das palabras, que baixo o título A emoción real na ficción. Do persoal ao colectivo amosará ao público como foi a escolla de materiais e o proceso creativo da súa opera prima, pedímoslle un itinerario literario. Velaquí os libros que marcaron a súa ollada, que influenciaron o seu xeito de facer cinema ou que a inspiraron nalgún momento concreto da súa vida.
Seguir lendo