A un século do seu nacemento, Pier Paolo Pasolini (1922-1975) segue sendo un dos intelectuais máis importantes e influíntes do século XX. O poeta, escritor, cineasta e figura política celebraría este 5 de marzo de 2022 cen anos e nós queremos lembralo coa proxección de Edipo Rei e con este itinerario que mostra unha parte da multifacética obra literaria e cinematográfica do autor boloñés.
Os andeis da Libraría NUMAX visten de Nadal! Velaquí vos traemos unha selección con algunhas novidades desde ano coas que poder coller ideas para agasallar. Nesta escolla atoparedes dende propostas de narrativa e poesía, pasando por ensaio e tamén novela gráfica, libros de fotografía e de cine, libros para as máis pequenas da casa e algún que outro cofre ou obxecto especial. Boas festas a todas!