Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Varios

Contra o vento. 30 anos do Premio Manuel García Barros

Volume de dezaseis relatos que homenaxea o trinta aniversario do Premio Manuel García Barros de Novela, un dos galardóns máis lonxevos do panorama literaria galego que foi decisivo na traxectoria de moitas das autoras e autores incluídos neste libro.
Porque Contra o vento celebra sobre todo tres décadas de escritoras e escritores que marcaron e marcan o camiño a seguir na narrativa galega dos últimos tempos. En definitiva, dezaseis relatos que camiñan decididos cara adiante, trazando liñas mestras polas que avanzamos e, quen sabe, se cadra volver reunirnos dentro doutros trinta anos.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 220 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9151-272-1 |