Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

RÁBADE PAREDES, XESUS

A palabra secreta

Hai nesta novela unha reflexión constante sobre o idioma desde o mesmo proceso de escritura, co propósito de transmitir a magnitude da tensión emocional que as criaturas de ficción experimentan nun ambiente clausurado e neurótico. O espazo narrativo que exploran estas páxinas é tan pouco convencional como a multiplicidade de situacións creadas, de ópticas narrativas, de accións novelescas que diverxen ou conflúen e de curiosos personaxes que aparecen e desaparecen, que se reencarnan e transmutan.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 216 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-7154-657-9 |