Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Achebe, Chinua

A frecha de Deus

A frecha de Deus é a historia de Ezeulu, o sumo sacerdote do deus Ulu, un home íntegro e cun gran sentido do deber, mais tamén complexo e cheo de ambigüidades internas, que se aferra ao poder que lle foi conferido polo seu pobo e a súa tradición. A súa autoridade, porén, é cada vez máis cuestionada polos seus rivais, polo seu propio pobo e mesmo pola súa familia, no contexto da nova situación creada pola dominación dos colonizadores británicos e dos misioneiros cristiáns, que todo o deturpa.

Cunha prosa elocuente e cristalina, Achebe afonda nesta novela na loita entre a tradición e o cambio, o conflito entre xeracións, a perda da fe, e os límites do poder do individuo nun sistema rexido pola tradición, sempre baixo o influxo da autoridade imposta na Nixeria rural colonial de principios do século XX.

Con este volume, pecha a «Triloxía africana», que converteu a Chinua Achebe en referente esencial da narrativa africana.
  • Editorial: Rinoceronte Editora |
  • Ano: 2014 |
  • Páxinas: 332 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-92866-59-5 |