Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Pergaud, Louis

A guerra dos botóns

Levada ao cine con éxito en varias ocasións, a novela A guerra dos botóns, de Louis Pergaud, relata a intensa rivalidade que enfronta os nenos e nenas de dúas vilas veciñas, rivalidade que dá lugar a numerosas emboscadas, golpes, batallas, insultos e pedradas repartidas entre un e outro bando.
Publicada en 1912, esta obra é un clásico que fala da infancia, da amizade, do compañeirismo, da lealdade, da inocencia, da crueldade e da ideoloxía. O título do libro procede do botín de guerra: os botóns extraídos das roupas dos «inimigos» como símbolo de humillación. A guerra dos botóns describe un mundo desaparecido e lanza unha interpretación irónica e pacifista sobre os conflitos bélicos.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 336 |
  • Dimensións: 130x210 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Garrido Vilariño, Xoán Manuel |
  • ISBN: 978-84-9121-491-5 |