Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

VARELA PUÑAL, DIANA

Diario sen datas dunha aborixe galega

A modo de diario, desde unha perspectiva vivencial, sen ningún tipo
de aspiración pretensiosa, abordo os temas que máis me preocupan.
O concepto de identidade, a poesía e a ética son os tres eixos sobre
os que xiran estes textos, con distintas manifestacións dentro de cada
unha das materias.
No que atinxe á identidade, reflexiono sobre a galeguidade e a noción
de nacionalismo desde un punto de vista ontolóxico, baseándome
nas propias experiencias.
Da ética, trato cuestións relacionadas coa educación na violencia,
no culto ó feo e no inmediato, alicerces que fomentan a deturpación
da paisaxe, a concepción do amor en parella ou polos nosos maiores,
abandonados como electrodomésticos inservibles.
Asemade reflexiono sobre o acaparamento de ideas nobres (o ben
e o mal, o xusto e o inxusto, o lícito ou o prohibido) pola relixión e
polos gobernos de calquera signo.
Por último, a poesía, representación total da ética e da dignidade.
Unha forma de coñecemento profundo. Como dixo Pessoa: comprender
sentindo moito.
  • Editorial: Laiovento |
  • Páxinas: 152 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8487-442-3 |