Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Atxaga, Bernardo

O fillo do acordeonista

Joseba e David, o fillo do acordeonista, dous amigos, case dous irmáns, reencóntranse en California e rememoran os seus días de infancia en 1957 na escola do seu territorio natal de Obaba, retratado dende os tempos da República e da Guerra Civil aos da posguerra e remate do franquismo. Dúas historias case paralelas rescatadas dos infernos da guerra e da violencia, que serven para abordar de forma valente os temas clásicos e eternos da mellor literatura: o amor, a memoria, a lingua, a amizade e tamén a tristeza do emigrante que deixa a súa terra sabendo que nunca volverá. Unha obra na que amor, a amizade e o consolo nos redimen. Unha novela de longo alento, de lectura e beleza cativadora, considerada pola crítica como o maior logro narrativo do seu autor e como a primeira grande novela escrita en éuscaro.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 552 |
  • Dimensións: 146x221 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: NICOLÁS, RAMÓN |
  • ISBN: 978-84-9782-250-3 |