Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Stendhal

A cartuxa de Parma

Durante o tempo da súa vida, só Balzac soubo ver en Stendhal o gran narrador ensalzado pola posterioridade. A cartuxa de Parma, que Galaxia publicou por primeira vez en galego en tradución de Germán Palacios, é hoxe un título clásico e imprescindible da gran novelística europea do século XIX. Italia e a aventura napoleónica constitúense en telón de fondo de A cartuxa de Parma, na que sobresae a figura de Fabricio del Dongo, xove aristócrata milanés embarcado nun sinfín de peripecias que son outros tantos motivos para a autoafirmación persoal e a consecución da felicidade.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Ano: 2015 |
  • Páxinas: 584 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8288-020-4 |