A narrativa galega na fin de século
Dende unha perspectiva actual, este libro analiza a historia da narrativa galega nas derradeiras décadas do século XX. Os cambios no oficio de narrador e no paradigma xenérico, a ampliación do repertorio temático e discursivo, as mudanzas na recepción e nos mecanismos de canonización. Todo o que levaría a consolidar na década de 1990 as transformacións que fixeron posible a definitiva madurez da narrativa galega, convertida por fin nun discurso en plena sintonía co seu tempo.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2010 |
- Páxinas: 364 |
- Dimensións: 140x220 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9865-315-1 |