
Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
QUERO PEIXE!
Quero peixe! é un conto islandés para nenas e nenos que saben o que queren. Escrito e ilustrado pola premiada autora Áslaug Jónsdóttir, narra a historia dunha nena que ten moi claro o que desexa, pero nin papá nin mamá semellan entendela. Un relato divertido e sinxelo creado para interactuar coas lectoras e lectores máis novos.
- Editorial: Alvarellos Editora |
- Páxinas: 28 |
- Dimensións: 225x215 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: LAWRENCE SCHIMEL |
- ISBN: 978-84-16460-61-8 |